Expositor en QUEDA EN MOS 2023

Benvid@ comerciante!

Coñece o mercado aberto Queda en Mos. Un espazo dinámico para os comerciantes organizado polo concello que será o próximo 1 de outubro no Multiusos das Pozas. 

Por primeira vez, o comercio de proximidade supera as barreiras xeográficas e poderá atender ao público de forma personalizada e unificada nun só lugar.

Contarás con todos os servizos para recibir visitantes e xerar ventas.

Encontro multisectorial

Poderás mostrar o máis estratéxico do teu negocio, desde venda de productos, ofertas, novidades ou facer actividades demostrativas para o público visitante.

          • Facilitar encontros entre comerciantes.
          • Facer visible o negocio local para o público visitante
          • Crear un espazo para que os emprendedores se presenten
          • Actividades demostrativas relacionadas coa actividade comercial.
          • Exaltar a diversidade sectorial.

O evento Queda en Mos é o punto de partida para unha nova etapa de accións que visibilicen aos negocios locais.

Non só na zona de supermercados se non tamén aos visitantes que se achegan por outros accesos como Puxeiros ou o Aeroporto para que interactúen co comercio e hostalaría de proximidade.

Que haberá no evento?

          • Crearemos un ambiente de exposición con stands.
          • Simularemos un pequeno centro comercial na praza do Multiusos.
          • Haberá unha área de terraceo con barra de bebidas e tapas.
          • Actuarán artistas con música en directo.
          • As familias poderán disfrutar de actividades infantís.

Únete a Queda en Mos e aproveita as oportunidades!

Fai clic na imaxe e descarga o Dossier de Expositor